1 de August del 2014

Noites de Fadiñas na abeleira por 2 na Fronteira

 

VER MAIS FOTOS

 

As veces, a vida agasállanos con momentos máxicos. De esos que nos lembran que somos moito mais que corpos habitando un espacio, que hay algo transcendente dentro de cada un de nós que vibra e sente coa beleza que nos rodea.  Sexa tanto no propio espacio que habitamos, como a que somos capaces de poder crear coas capacidades do ser humano…. luz, verso, música, voz….  Explosión para os sentidos e agarimo para a alma.
E a miña sorte por descubrir a Carmen e Maurizio como 2 na Fronteira, (gracias Javi Collazo), e o encantador Pazo de Larache.

“Noite de Fadiñas” foi a presentación do novo traballo de 2na Fronteira, titulado “Zapatiños para Díaz Castro” na noite do sábado baixo a impresionante cúpula natural do bosque de abelairas, ó pé da Ria de Vigo, no Pazo Larache, en Santa Cristina de CobresVilaboa.